A NOSA HISTORIA

A coral polifonica de Piloño Nace no ano 1995, co nome de orfeón parroquial Nosa Señora de Hoy-Vas e composto por trinta e tres voces mixtas. 

Entre as súas multiples actuacións destacan as seguintes:
  • Concerto na festa do Galo de Curral en Vila de Cruces
  • Participación na estrea do Himno de Vila de Cruces, en colaboració, coa coral polifonica de Oca e unha banda do concello.
  • Participa nun recital de panxoliñas coa banda Artistica de Merza
  • Concerto na Casa Museo a Solaina de Piloño
  • Misa no mosteiro de Carboeiro

Sen embargo, posteriormente, por diversos motivos este orfeón canbia a sua formación no ano 2000 pasando así a contar só con voces femeninas.

A finais do ano 2003 incorpora de novo voces masculinas e conta agora con 30 compoñentes.
 As actuacións máis importantes dentro desta nova etapa son:
  • Misa en Ollares oficiada polo bispo auxiliar Monseñor Luis Quinteiro Fiúza (hoxe bis pode Tui), con motivo da consagración, do altar
  • Dende o ano 2001 ven organizando concertos de Nadal 
  • Participa na inaguración do auditorio “Xose Casal” en Vila de Cruces.
  • En maio do 2003 xunto coa coral San Salvador de Camanzo colaboran na grabación do C.D. que a banda Artistica de Merza graba no auditorio de Galicia poñendo as voces o Himno de Vila de Cruces
  • Concerto na gala contra a bulimia e anorexia no teatro principal de Santiago de Compostela no ano 2007.
  • Participa en todalas galas de Crucesarte
  • Colabora asiduamente nas Xuntanzas da Solaina de Piloño
  • Participa nos concertos de corais celebrados en; Rodeiro no ano 2010, en Cumeiro e Santiso no 2011,en Berres no 2012 e en Torneiros (Porriño) no 2013
  • No ano 2011 pasa a formar parte da Federación Coral  Galega.(FECOGA)
  • Participa na 2º homenaxe a Anisia Miranda que tivo lugar na Fundación Xosé Neira Vilas .
  • Colabora coas corais de Rodeiro, Cumeiro e coa banda Artística de Merza no estreo do himno a Larazo no 1º memorial de Feliciano Cajide (O Contiña).
  • Participa no II festival de habaneras da Deputación de Pontevedra no ano 2013


No ano 2012 cambia de nome chamandose agora Coral Polifónica de Piloño

O gran número das súas actuacións débese a participación en misas cantadas,vodas,primeiras comuñóns e funerais

A finais do ano 2003 incorpora de novo voces masculinas.


No ano 2013 o Orfeón cambia de nome, pasando a chamarse CORAL POLIFINICA DE PILOÑO, contando neste momento con 30 voces mixtas


Ningún comentario:

Publicar un comentario